Visibilizar á muller
Veño de traducir para a páxina da un artigo de Virginia García Beadoux : _Ser muller, adicarte á política e non morre no intento cos medios arredor da discriminación que os medias exercen sobre as mulleres políticas, en comparación cos homes.
Efectivamente parece que "o periodista" medio, entende que a muller polo feito de selo, non ten capacidade para tomar decisións de estado (por voluble, por non deber abandoar o coidado do casal, porque non é seu cometido ... )
Convidote a que leas o post de Virginia e deixes túa opinión.
Fonte da imaxe CC
Non quere resultar anecdótica eta publicación. Na páxina @Gazetagaleguia mantemos un compromiso explicito coa igualdade entre xéneros, o coñecemento compartido e o respecto a nai Gaia as culturas que nela conviven.
Visibilizar a cultura compartida
Igual que a muller é portadora de saberes ancestrais e refuxio das tradicións, a cultura compartida fai que ningunha persoa deba realizar esforzo para solventar algo que xa está resolto.
As grandes multinacionais prentenden apropiarse e patentar dende a cultura ata os principios activos dos vexetais. Nosa contundente (e incruenta) ofensiva pasa polo emprego de materiais de libre distribución (tanto textos, como imaxes e programas de ordenador.)
Así, as computadoras da corren baixo GNU/Linux, e para as manipulacións empregamos o GIMP, Inkscape, Libreoffice, Kdenlive, Suhtter, Firefox, Wordpress,Keybase.... e o mesmo
!!!
Visibilizar o galego-portugués
A lingoa da galeguía (o galego-portugués) ou lusofonía (concepto pouco valorado polas comunidades que sufriron o colonialismo portugués) é falada por mais de 250 millóns de persoas ó longo do planeta. Cada unha das persoas e comunidades con peculiaridades que o fin son comúns en todos os lugares (Falla de transparencia dos gobernos, restriccións dos servizos básicos, desigualdades, explotación laboral...) e queremos atopar un lugar común onde poder conversar e facer troco de experiencias vitais e humanas.
Esperamos vosa retroalimentación e opinóns, e tamén vosas imaxes e textos en gazetagz[no]gmail.com