Olá. Permiteme que inicie este post con unha pregunta. ¿Cantos nomes de centíficos coñeces? ¿Cantos de eles son de mulheres?
Poucas, non?
Os nomes e carreiras das científicas non aparecen con demasiada frecuencia nos libros, ou cando meos, non na medida da súas achegas.
Como en tódolos ámetos, existe un grande descoñecemento sobre o papel desenvolvido polas mulleres na ciencia, xa que no proceso de formación científica transmítese unha potente imaxe de masculinidade, dominante cando non exclusiva. (1)
A organización das Nacións Unidas, desenvolve na súa páxina do Dia das mulheres e as nenas na Cencia as dificultades que atopa o sector femenino para acceder en igualdade á formación é o traballo:
A fenda de xénero nos sectores da cencia, teconloxía, inxeniería e matemáticas (STEM) persiste dende hai anos no mundo.
Ainda que a participación das mulleres nas carreiras superiores leva aumentado, as mulheres ainda están subrepresentadas nestes eidos.
A cencia e a igualdade de xénero son vitais para acadar os Objetivos do Desenvolvemento Sostible 2030.
Malia os esforzos realizados pola comunidade internacional inspirando e promovendo a participación de mulheres e nenas na cencia, elas deben enfrentarse a barreiras que lles impiden participar plenamente nestas disciplinas.(2)
Editatona: Editar a Wiki para dar visibilidade ás mulheres.
No marco do [Día Internacional da Mulher e a Nena na Cencia], 23 páxinas adicadas a centíficas galegas foron creadas ou ampliadas dentro da galipedia logo da EDITATONA convocada pola USC e a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia (Amit-Gal) co ánimo de visibilizar a traxectoria das iinvestigadoras galegas.
No editatlon ou wikimaraton participaron 23 persoas presencialmente e 6 on line, e crearonse ou ampiaronse durante a xornada 23 páxinas.
Esta xornada está relacionada co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra cada 11 de Fevereiro dende o 2016.
Os artigos a traballar foron propostos e extraidos da tese de Xoana Pintos Barral: As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960, e podes colaborar con eles facilmente accedendo desde este link da Segundo wikimaratón do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Escolma de centíficas galegas
Olimpia Valencia
En 1919 marcha a Santiago para cursar a carreira de Medicina, licenciándose en 1925, con premio extraordinario e dezanove matrículas de honra. Nese mesmo ano foi a Madrid a facer a tese de doutoramento, que presenta en 1930 co título: La colesterinemia en la sangre en relación con la anestesia quirúrgica.
Jimena Fernández de la Vega
Jimena María Francisca Emilia Fernández de la Vega Lombán, nada na Veiga (Asturias) o 30 de maio de 1895 e finada en Santiago de Compostela en 1984, foi unha médica vencellada a Galiza, pioneira e promotora da xenética en España
Inmaculada Paz-Andrade
É Doutora en Física (1963) e catedrática de física aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. Ampliou estudos en Manchester e Marsella e en 1964 introduciu a microcalorimetría en España. Realizou traballos sobre termodinámica aplicada, estudos calorimétricos e determinacións de calor específica de sólidos e líquidos. Coordinou o equipo que elaborou o sistema experto para predicir o perigo de incendios forestais en Galicia
- (1) : As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960
- (2) Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia, 11 de febrero

