Fonte: Instituto Estatal de Oceanografía
Anuncian fontes do Instituto Estatal de Oceanografía que nos seus centros de Tenerife e Vigo, Galiza, teñense levado a cabo ensaios con larvas de polbo común (Octopus vulgaris) que melloraron a viabilidade de esta especie en condicións de cultivo.
Inda que os científicos rexeitan falar de ciclo de crianza en cautividade pechado, afirman que con estes ensaios acadaron taxas de supervivencia superiores as acadadas con outras técnicas, ó mesmo tempo que se conseguiu un crecemento notable das larvas que permitiu que estas pasaran da vida como nadadores á vida no fondo mariño, onde desenvolve a súa fase vital xuvenil e adulta.
Dentro dos cefalópodos, en particular o polbo é unha fonte de proteina cada vez mais demandada e seu prezo mirouse notablemente incrementado nos últimos anos.
O ser un ciclo vital curto o da bioloxía de este animal e ter un crecemento grande no tempo (entre o 1 e o 11% de peso por día) ademais de carecer de grandes patoloxías, converte este animal nun candidato idóneo para unha proposta de acuicultura comercial, que fai que persoal de investigación de todo o mundo esté consumindo recursos no estudio da domesticación de esta especie, ainda que os requerementos alimentarios nas primeiras fases de crecemento non son doados de atopar e non se consigue a fórmula alimenticia óptima.
Mentras tanto, na Galiza a extracción de este manxar sigue a realizarse mediante os métodos tradicionais e de forma sostible.
Mais info:
Obrigado pola vosa companha, upvotes, comentarios e redifusión.
Nos leemos !!
Steem ON!
A Gazeta en Paper.li: https://paper.li/GazetaGZ/1486643153#/all
Maná cedido durante a redacción de este artigo
- Autoupvote Podemos mellorar as finanzas de @steemcenterwiki? Por qué non BAT?
O Brasil na rota dos refugiados e uma reflexão que deve ser feita - antes do 2º turno das eleições
Sonho - Poema Original
Ferido en Ourense ó cair á vía do comboio. Os outros perigos do Tabaco.
Niebla entre las bateas...
Sea Foam
Epístola de Christine de Pizan a Isabel da Baviera, Rainha de França (Isabeau de Bavière)
BraZine — 14 Outubro 2018
Picam club ... o melhor da dance music