Recoñezo que lle teño medo ós cabalos.
Teñolle tanto medo que ata teñolle medo os cabalos pequenos, eses que a xente chaman ponies, pero que a min non me enganan con eses ollos grandes e ese andar pausado.
¡ Coñezote, bacalao, ainda que veñas disfrado de empanada !!!
(si estás a usar un traductor esta frase non che dirá nada. E un dito. As galegas decimos que reoñeceremos o engano traia o aspecto que traia.)
Pois iso, teñolle medo os cabalos ... pero parecenme uns animais moi lindos.
Os cabalos relinchan.
Un día perdinme (perdemonos varios) baixando do Monte Galiñeiro.
En lugar de ir polo camiño collemos un carreiro e de pronto a noite negra como a boca de un lobo e só guiandonos de ir cara abaixo para chegar o río ou achegarnos cara as luces, que as veces asomaban por antre as árbores.
Foi entón que o sentín aquel cabalo... saído da nada ......mesmo diante miña, de pé, encabritado, ..... deberían ser tres metros ata a cabeza, e unhas pezuñas que intuín enriba da miña testa.
Si. Teñolle medo os cabalos. Os cabalos relinchan.
!