O 8 de Marzo está convocada folga feminista en mais de 150 paises, mais eu non vou participar nela, e neste post quero explicar por qué.
- Non participarei na folga feminista porque eu non son acosado na rúa.
- Non participarei porque non sufro discriminación laboral por xénero.
- Non paro porque gaño (segun ONU) un 23% mais que as mulleres.
- Non participarei porque non teño perigo de perer emprego por estar grávida.
- Non participarei porque eu non fago tarefas invisibles.
- Non participarei porque para min non hai teitos de cristal.
- Non participarei porque meu xénero está sobrerepresentado en todas as institucións.
- Porque ningúen pode parar por vos..
- e non participarei porque teño unha listaxe de cousas que podo facer para axudar:
- Se eres pai encárgate dos teus fillxs.
- Se eres amigo ofrécete para cuidar xs nenxs.
- Se eres compañeiro de traballo ofrécete para cubrir a túa compañeira.
- Se eres xefe dalles o día ás túas empregadas, sen establecer represalias.
- Se eres compañeiro de escola, apoia o paro e as túas compañeiras alumnas que van faltar a clases.
- Se eres mestre, non pases lista ese día. Lembra: É unha falta xustificada e urxente, as alumnas que non están na túa clase están na rúa dicindo #VivasQueremosnos, porque nos están matando.
- Se eres teatreiro, cancela os ensaios e funcións, lembra que a función que debe continuar chamase "Vida" (Isto aplicase para todas as profesións).
- Se na túa familia hai alguén que precisa coidados e é unha muller quen os provee, mañá é un bo día para que comeces a facelo ti (isto aplicase tamén ó coidado dos filles, o traballo doméstico, etcétera).
- Se tes unha relación sexo-afectiva cunha muller fai calquer cousa que ela precise de ti para poder asistir.
- Se traballas nun medio de comunicación promove que sexan as túas compañeiras quen cubra o paro e as manifestacións.
- Se eres compañeiro militante difunde o evento, para que se sumen moitas máis mulleres e a que os homes vexan a lista.
- Se vas á concentración (isto quere dicir que ningunha precisa de ti en ningún dos puntos anteriores) atende, non te poñas diante, non des ordenes nin dirixas as actividades, simplemente acompaña.

Moito obrigado pola compaña, os comentarios, votos e RE-Steems
