Con esta publicación abrimos a recollida de artigos.
Persoas "off-chain" que desejen publicar en #galego, teñen este perfil ó seu dispor.
Autor: @Freyman
Autor-Retrato #portraitphotography // Aprender Python
100 % Recompensas Líquidas de Curación.
Olá galera. Un saúdo.
Gosto de curiosear por entre as distintas etiquetas e atopar a persoas e mais seus traballo debaixo dos seus .perfís.
Fai varias semanas veño usando as etiquetas do concurso de fotografia que organiza , e tiña feita esta foto de abaixo e non sabía onde encadrala.
Decidín que usaría a etiqueta #portraitphotography porque en ese momento estaba a facer un retrato de min mesma e das circunstancias que me rodeaban.
O mais difícil de tomar esta foto foi ser quen de manter queda e enfocado o papel sin que a tixeira cortara mais mentras coa outra man agarraba o terminal.

No momento da captura estaba a decirme que ía aprender Pythom, que ía (e vou) ser quen de clonar unha interface da Blockchain Steem e que vou ser quen de construir un robot de votos cuxos beneficios recairán en asociacións locais que se adiquen a promover o #bookcrossing na miña contorna.
Sei que non vai ser cousa de un momento, así que tentarei facer algún capitulo cada dous días ou así.
Empecei por a instalación da contorna de traballo guiandome por o artigo How to install steem-python, the official STEEM library for Python de foi todo a perfección.
Tamén fago o primeiro exercicio: Acceder á base de datos de Steem e tirar un balanzo.... velaiquí o resultado....
O seguinte paso que vou dar, vai ser publicar dende a liña de comandos, por ver si son quen de aplicar correctamente o campo beneficiaries como plantexa nesta captura .

A intención que teño facendo a edición de esta forma é retomar as labores de curación, pero de tal maneira que a recompensa líquida do post repartase automáticamente entre as persoas que foron seleccionadas para participar en el, e caramba, utilizar a informática para que faga as cousas automáticamente.
Posiblemente tarde un bocado ainda en ser capaz de facer isto... pero bueno, xa vos contarei...
Unha aperta, e gracias por pasar e por o voso tempo.
- Non esquezas mandarme unha mensaxe para saber que fixeche unha traducción,.