Nesta publicación te achegamos o acceso de balde da WikiGuía do Arquipélago San Simón e San Antón na enseada de Cesantes, Redondela.
Podela descargar eiquí: Wiki Guía de San Simón
A guía creouse como documento previo para unha visita guiada ata o arquipélago, para quen quixera coñecer un pouco por adiantado do que ía atopar en aquel lugar.
A visita moi recomendable, por certo, ten un "algo" de mitolóxico e litúrxico ó mesmo tempo. Pode ser que dentro de un tempo, o barco desfile cara a San Simón dende o Porto de Vigo por diante da invasión dos romanos, ou ante a batalla de Rande, (con breve aparición do Nautilus no sitio) e a representación tamén do campo de concentración.
Mentras tanto realizas un percorrido pouco común pola Ría, que é facelo cara adentro, camiño que normalmente facemos en coche. Pasar por debaixo da Ponte de Rande é algo que hai que facer cando menos unha vez na vida. Ao mesmo tempo o barco desfila ante Moaña e Teis.
Na Wikiguía tamén se trata da historia dos edificios, como este que foi lazareto, posteriormente vivenda de militares, e hoxe hotel para acontecementos excepcionais.
Bueno, que xa sin mais, vos convidamos a leer en liña ou descargar e regalar ás vosas amigas a Wiki Guía de San Simón
Moitas grazas por vosa atención.
Enlaces de Interese:
Imaxes ©freyman CC Share a Like 4.0