As testemuñas son as computadoras da rede Steem cuxo traballo é criar "bloques" e engadilos á blockchain Steem e tamén almacenar os datos completos do cadro de bloques. Estes bloques conteñen información sobre publicacións, comentarios, votos e transferencias de moeda.
A cadea de Blocos Steem require un conxunto de persoas para crear bloques e usa un mecanismo de consenso denominado proba delegada de participación ou DPOS.
A comunidade elixe "testemuñas" para actuar como productores de bloques e órgano de goberno da rede.
Hai 20 testemuñas a tempo completo, producindo un bloque cada 63 segundos.
A 21ª posición é compartida por testemuñas de respaldo, que están programadas proporcionalmente á cantidade de aprobación da comunidade ponderada por participación que teñen. Os testemuños son recompensados con STEEM Power por cada bloque que crean.
Cada usuaria pode (e debe) votar un máximo de 30 testemuñas EIQUÍ
Cómo coñecer o estado das testemuñas/witness?
O xeito mais doado é visitar a páxina de Witness de steemd.com, onde poderás ver a porcentaxe de votación, bloques desaparecidos, taxas de creación de contas etc.
Os witness que aparecen en gris están desactivados, polo que deberías desmarcalos si tes algún votado e aproveitar para apoiar algún servidor activo. (É unha suxerencia, realmente é a túa decisión)
Testemuñas apoiadas por 
(notese que a orde de listado é alfabético)
Polo seu apoio o proxecto Minnowsupport .
Por desenvolver e manter:
SteemSql é unha base de Dados Microsoft SQL accesible publicamente contendo todos os datos da Blockchain de Steem.
Os datos son accesibles e accesibles fácilmente dende calquera aplicación capa de conectarse con MS-SQL, o que permite acceder ós datos, realizar analises e atopar información valiosa.
Por crear os reportes da Blockchain Steem en Português
Por desenvolver e manter:
SteemData
SteemData é a blockchain analisada e adaptada para ser explotada como un servizo de MongoDB.
Por desenvolver e manter:
eSteem
eSteem unha aplicación moi completa de Steemit para Android e iOS.
É multiconta e multicadea (tamén opera con Golos), está dispoñible en mais de 50 idiomas e permite crear marcadores, percura por verba, usuario ou etiqueta etc. Unha app que recomendamos moi moito.
Picker
Pick é unha ferramenta que axuda a escoller un gañador entre os comentarios de calquera post.
Pode elexir a vencedora tanto ó chou como por o comentario con mais ingresos, mais votado ou o que acadou maior grao de compromiso.
Por desenvolver e manter:
Chainbb.com, un foro experimental sobre a blockchain de Steem.
Steemdb
Steemdb é unha interface coa Blockchain Steem que aporta datos de forma visual e atractiva.
Podes ver a evolución de seguidoras, votos, reblogs, histórico de recompensas e unha chea de datos non anecdóticos a maiores.
Por desenvolver e manter:
Steemauto
SteemAuto é unha ferramenta que permite programar publicacións, reclamar de forma inmediata recompensas, e seguir a trails de curación.
Para noso interes é importante que nos permita programar ós votos a persoas gañadoras dos posts TOP co % adecuado para non quedar sin poder de voto e no momento decidido.
:
Por manter e desenvolver:
Anonsteem
AnonSteem é un servizo para criar contas na blockchain Steemit sen ter que aportar datos persoais.
Steem.Center.Wiki
Steem.Center.Wiki é a wiki de todas as cousas relacionadas co Steem. Calquera pode colaborar en ela e ser recompensado polas súas aportacións.
@Utopian.io
Por desenvolver e manter:
Utopian.io, lugar onde recompensar ás criadoras de software livre e do coñecemento aberto. Parecenos un proxecto social fundamental.
Por desenvolver e manter:
Steembotracker é unha ferramenta para verificar o estado das puxas nos robots de subasta de votos.
Fican 21 votos pendentes. Si ti xestionas un Witness, dinos, por qué deberíamos votarte?
Explicate, cada voto conta.
Referencias
- What is a Witness and why should we care
- A full user guide to steem witness
- Essentials to become a witness
@Gazetagaleguia no Steem Center:
Contribucións | Perfil