O pasado día 25, acudín ó The Crypto Northwest Meeting para incorporar ó acervo da as iniciativas e movementos novedosos que se están dando na contorna achegada arredor da tecnoloxía blockchain.
As interesantes iniciativas plantexadas polos outros ponentes ficaron eclipsadas pola paixon da posta en escea e a mensxxe disruptiva de Quirze Salomó e a súa idea de tokenizar a cadea franquiciada da que é CEO.
Tokenizando Nostrum: Tokenizar as franquicias.
Ou mais concretamente, crear o modelo exportable de tokenización de franquicias que se aplicará inicialmente nos Restaurantes Nostrum, franquiciados de Home Meal Replacement.
Esta empresa, creada no 1998 por Quirze Salomó e o seu pai, conta con arredor de 130 estabelecementos en Catalunya, Andorra, Francia, Euzkadi e algúns no Estado Español.
...
Coa vista posta na internacionalización, decidiron tokenizar a súa actividade.
O novedoso de esta iniciativa, e que vai ser o caso da primeria empresa Catalana e do Estado Español cotizando no mercado bursatil (MAB: Mercado Alternativo Bursátil) que se lanza a tokenizar súa actividade coa pretensión de acadar unha recadación de 150 millóns de Euros co lanzamento de Mil millons de Meal Tokens con un prezo inicial de 15 centimos.
A blockchain e a descentralización, aportan un "aroma a libertade" que outros medios non permiten, decía Quirze Salomó, CEO de Home Meal Replacement.
Moitos dos usos pensados para estes tokens, pola contra, nos resultará a caseque todo o mundo familiar: En definitiva estas criptos serán usadas como puntos de fidelización o estilo TRAVELCLUB, pero con capacidade ampliada.
O punto innovador está na descentralización que implica o uso de unha blockchain e mais do propio token, sumado a actividade dos contratos intelixentes.
O desenvolvemento de esta iniciativa, leva aparelladas unha serie de cuestións:
O concepto de CriptoFranquicia
En calquera franquicia, a transmisión do coñecemento e o permiso de uso da identidade corporativa está suxeita a un canon de entrada en canto o franquiciado integrase na organización. Este canon de entrada se fará en Meal Tokens
A integración dos tokens na canle de distribución, permitirá a reposición automática de productos a repoñer en función do vendido.
Accederase a descontos especiais reservados ó "clube de siareiros" cando o pago se efectúa en Meal Token.
Os locais disporán de un monedeiro social onde a clientela pode deixar propinas en tokens. Ó importe das propinas deixadas pola clientela a empresa sumará o doble, e este monto será utilizado para axudar a familias vulnerables do entorno cercano e distribuido por voluntariado suscrito ó contrato de reparto do monedeiro social.
Crease un servizo de Smart Delivery integrado no monedeiro, onde a clientela (voluntariamente) fan entrega de productos a domicilios que lle quedan de camiño a cambio de Meal Tokens.
O token convirtese na ferramenta de incentivación da comunidade Home Meal Replacement
Conclusión:
Independentemente das cuestións regulatorias ou o epígrafe baixo o que deba ser incluida esta entrada de capital, a aposta realizada por Home Meal Replacement leva implícita unha reducción de costes na xestión da cadea de suministros e un importante avance no concepto de fidelización hacia a marca.
A posible dimensión de integración con outras blockchains, abren ademais un abanico e oportunidades en colaboracións cuxo único límite está na imaxinación.
Francamente, desexando ver isto en funcionamento.
- Unha última cousa: Quirze, se cadrou que leeches esta pequena reseña e tes o monedeiro a man, mandame uns poucos de Meal Tokens o meu escuálido Metamask: 0x07005579F092f864EEFDFE49F42b944fF01f9495