Onte comín por vez primeira lamprea rechea.
Deliciosa. Punto.
Percurei recetas e non atopei ningunha en galego nin en portugués. Iso non quere decir que non existan.. pero receita que poño abaixo tireina de un blogue de cociña aficionado que fai elenazulueta.
Resumo o proceso:
- Poñer a remollo a lamprea durante varias horas, e logo limpala ben por ambas partes.
- Tirarlle a parte da cabeza e as aletas.
- Reencher con xamón, ovo cocido, pemento morrón, cenoura. (Non poñer moito recheo para que teña mellor presencia)
- Enrolase e atase con unha gasa limpa facendo que quede ben apretado.
- Cocer con auga abundante e unha punta de serrano durante hora e media.
- Retirar do lume, escurrir e metela nun molde tipo cake para prensala ben. (Esta parte é moi importante para que logo seja doada de cortar finiña.
- Cortar e servir unha vez que esté compactada.
Bo proveito.
Podedes usar e modificar a imaxe, incluso con fins comerciais, pero por favor, mantén o recoñecemento da autoría.
Licenza Creative Commons by Manuel Freiría partilhar igual 4.0